Tuesday 30 de April de 2024

A praia da Corna volve ser escenario dunha nova xornada de retirada de lixo


O Concello da Pobra do Caramiñal convoca unha nova xornada de limpeza de areais que se concentrará na Corna. Terá lugar no domingo 21, en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Nesta liña, o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, explica que se continúa así na senda de implica-la cidadanía no coidado da natureza, nesta ocasión, no litoral cunha acción de retirada de lixo. Engade que, a Administración local dálle continuidade así ás actividades de concienciación; unha mostra máis do compromiso en materia medioambiental.

As persoas voluntarias recibirán o material necesario para a retirada manual de elementos nocivos para o ecosistema e contarase tamén coa colaboración da Protección Civil.

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que se inscriban no enderezo electrónico voluntariadopobradocaraminal@gmail.com. A data límite é no xoves 18 para a formalización do trámite.

Deja un comentario